Inicio Galicia A Xunta destaca o servizo de garda psicolóxica como piar fundamental na...

A Xunta destaca o servizo de garda psicolóxica como piar fundamental na atención ás vítimas da violencia de xénero

0

A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, recalcou que o servizo é permanente durante todo o ano para mulleres e os seus fillos e fillas menores


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta tarde na inauguración do curso Intervención na emerxencia en violencia de xénero, ao abeiro do convenio para a quenda de garda psicolóxica para mulleres e fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero, asinado entre a Xunta de Galicia, concretamente dende a Vicepresidencia, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

López Abella agradeceu ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a súa Decana, Rosa Álvarez Prada, pola colaboración para poñer en marcha, de maneira pioneira en España, este servizo. A atención ten carácter inmediato para as posibles situacións de urxencia e prestase as 24 horas do día, os 365 días do ano en todos os partidos xudiciais de Galicia. No primeiro momento, o obxectivo do servizo é detectar as necesidades psicolóxicas da persoa en situación de violencia de xénero e axudarlle a entender e visibilizar tamén as dos seus fillos e/ou fillas.

Para a secretaria xeral da Igualdade a eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, posto que o traballo que se realiza para conseguir a súa erradicación implica a multitude de axentes, tanto desde o sector público como desde o privado. Para iso, López Abella subliñou que necesítase un consenso institucional, político e social que mostre, sen fisuras, o compromiso de todas as institucións coa sociedade para alcanzar os acordos que permitan avanzar na erradicación da violencia contra as mulleres. A concienciación social, rematou López Abella, foi e é esencial para erradicar o problema. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre