Inicio Galicia A Xunta destaca o proxecto #GaliciaGolfSaúde como exemplo da aposta pola calidade...

A Xunta destaca o proxecto #GaliciaGolfSaúde como exemplo da aposta pola calidade e a diversificación da oferta turística galega

0
image_gallery.jpg

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tomou parte na presentación do proxecto, que conta coa apoio de Turismo de Galicia


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación telemática en Santiago de Compostela do proxecto #GaliciaGolfSaúde, unha iniciativa conxunta da Asociación Galicia Destino Golf, Viajes Abramar e Oca Hotels a través do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é converterse nunha ferramenta para facilitar contactos e crear unha rede hispano-portuguesa de colaboración entre a oferta especializada no golf e na saúde en Galicia e os prescriptores lusos.

A presentación contou tamén coa participación do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, a presidenta da Asociación Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán, Ramón Braña, o director xeral da cadea Oca Hotels e Diego Otero, CEO de Abramar.

Durante a súa intervención Castro destacou os valores de calidade e aposta pola saúde que diferencian a oferta turística galega como un dos grandes eixos nos que continuar traballando na construción dunha oferta turística innovadora e rendible. “Esta nova ferramenta -explicou a directora de Turismo de Galicia- é froito da especialización e a diversificación en que está avanzando a oferta turística galega, o que nos permite situarnos nunha mellor situación de competitividade no complexo contexto postCOVID que se está a debuxar”.

Neste sentido, Nava Castro destacou, ademais, o feito de que esta proposta estea orientada cara a un nicho de mercado como é o dos xogadores de golf, un colectivo de viaxeiros de alto valor engadido polo seu gasto medio e pola súa busca de destinos de calidade cunha oferta adaptada ás súas necesidades.

Orientada ao mercado de proximidadeA web presentada esta mañá é de carácter informativo e inicialmente está dirixida ao mercado luso, pola súa proximidade e preponderancia como primeiro mercado internacional para o turismo galego. Calidade, excelencia nos seus servizos e receptividade a recibir xogadores internacionais durante todo o ano foron os principais criterios de selección establecidos para a creación desta rede de campos, aloxamentos e servizos turísticos complementarios.

A proposta recollida na web agrúpase en catro bloques: un primeiro de seis campos de golf seleccionados baixo os criterios da entidade; un segundo cunha oferta agrupada de balneario, hotel e campo de golf ou hoteis con talasos ou spa; un terceiro con propostas de aloxamento en hoteis ou turismo rural e finalmente un cuarto coa axencias de viaxe especializadas neste colectivo turístico.

A presentación tamén serviu, por último, para lanzar a oferta coa que nace #GaliciaGolfSaúde pensada para que os golfistas que se aloxen en calquera hotel ou establecemento de turismo rural de Galicia durante o vindeiro ano 2021 terán un desconto dun 50% do green fee en todos os campos de golf seleccionados na web para o que só terán que acreditar a súa pernoita.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre