Inicio Galicia A Xunta destaca o proxecto da peme Creativigo como un exemplo do...

A Xunta destaca o proxecto da peme Creativigo como un exemplo do traballo da I+D+i ao servizo da saúde e das persoas

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, coñeceu o dispositivo piloto do sistema desenvolvido por esta compañía viguesa, centrado no control de accesos e da temperatura corporal


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que o proxecto da peme Creativigo, centrado no control de accesos e da temperatura corporal, é un exemplo de como a I+D+i galega pon as novas tecnoloxías ao servizo da saúde e das persoas.

Así, sinalou que esta iniciativa “é unha demostración da nosa Galicia innovadora e de como Galicia soubo reaccionar e dar respostas concretas a unha situación de enorme dificultade provocada polo coronavirus”, apuntando que esta resposta “está permitindo consolidar o noso tecido produtivo, crear emprego e sobre todo está achegando solucións innovadoras que se poderán comercializar e que se poderán industrializar”. Neste sentido, Francisco Conde indicou que a innovación galega “está dando esas respostas que nestes momentos as empresas e as propias administracións estamos demandando”.

O conselleiro asistiu na sede da Axencia Galega de Innovación (Gain), en Santiago de Compostela, a unha demostración do dispositivo piloto do sistema de Creativigo, que consta dunha cámara dotada de sensores para o control da temperatura corporal e a identificación mediante recoñecemento facial. O sistema contrólase desde un panel que permite rexistrar os datos persoais cumprindo as restricións da Lei de Protección de datos de carácter persoal.

Trátase dunha das 160 iniciativas que responderon á chamada lanzada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), para o desenvolvemento dos proxectos innovadores vinculados coa covid-19. A Xunta aprobou impulsar o desenvolvemento de oito solucións innovadoras transferibles ao sector da saúde, a industria ou o comercio.

A Xunta destina preto de 750.000 euros para colaborar na execución destes proxectos, que teñen como obxectivo o desenvolvemento dun método rápido e sinxelo de detección molecular in situ do coronavirus; sistemas de desinfección e esterilización; a industrialización e posta no mercado de respiradores nun prazo moi curto de tempo; a xeración de cartografía de risco da covid-19; ou o sistema de control de accesos a través da temperatura corporal desenvolto por Creativigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre