Inicio Galicia A Xunta destaca o potencial da madeira e da industria forestal para...

A Xunta destaca o potencial da madeira e da industria forestal para impulsar a bioeconomía e promover un desenvolvemento sustentable

0
image_gallery.jpg

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Ponteceso na xornada ‘Pondal e os pinos’


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Ponteceso na xornada Pondal e os pinos, que se celebrou na Fundación Eduardo Pondal baixo a temática Cando a madeira é cultura.

Na súa intervención, o director destacou a colaboración da Fundación e da Xunta de Galicia, a través de Xera, na divulgación e coñecemento da madeira e explicou que cada vez existe un maior interese nos novos usos deste material reutilizable e reciclable.

Neste sentido, Lema puxo de manifesto o potencial que a madeira e a industria forestal teñen de cara a impulsar a bioeconomía e a favorecer un desenvolvemento sostible, na liña dos obxectivos promovidos desde a ONU e a Unión Europea. Así, esta industria contribúe a lograr un maior equilibrio medioambiental en distintos sectores: na construción, como elemento estrutural; no téxtil, substituíndo as fibras plásticas por fibras naturais procedentes de madeira sustentable; na automoción, con produtos derivados da madeira; ou na enerxía, substituíndo carburantes fósiles por enerxías renovables como a biomasa.

Desde a Xunta estase apoiando esta tendencia con axudas que fomentan a construción en madeira e promovendo o seu uso en edificios públicos; a través de actos de promoción e divulgación e fomentando a certificación forestal e a cadea de custodia para garantir a súa orixe de montes sustentables.

Lema finalizou poñendo en valor a industria forestal galega, líder en España, como elemento vertebrador do rural galego, onde se desenvolve a maior parte da súa actividade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre