Inicio Galicia A Xunta destaca o peso das IXP Ternera Gallega e de Vaca...

A Xunta destaca o peso das IXP Ternera Gallega e de Vaca e Boi galego no conxunto dos 36 selos de produtos agroalimentarios galegos de calidade

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, destacou o peso que teñen as indicacións xeográficas protexidas de Ternera Gallega e de Vaca e Boi Galego no conxunto dos 36 selos de produtos agroalimentarios galegos de calidade. Así o fixo durante a presentación do informe de actividade do consello regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia no ano 2019, que engloba estes tres selos.

Así, cabe destacar que a IXP Ternera Gallega creceu ata acadar as 8.298 explotacións inscritas con actividade e os 135.263 tenreiros rexistrados e controlados. Unhas cifras que avalan que este selo siga sendo un produto de referencia no sector da carne de vacún en España e vaia abrindo fronteiras, exportando xa a países como Alemaña, Portugal e Andorra. Doutra banda, a IXP Vaca Galega/Boi Galego continúa co proceso de recoñecemento e rexistro a nivel comunitario. Porén, e grazas á Protección Nacional Transitoria, xa están inscritos neste consello un total de 796 explotacións con case 5.000 animais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre