Inicio Galicia A Xunta destaca o papel dos Correspondentes universitarios da UDC como canle...

A Xunta destaca o papel dos Correspondentes universitarios da UDC como canle de información e difusión dos programas destinados á xente moza

0

Este ano académico están inscritos neste programa 28 mozas e mozos que cursan titulacións na Universidade da Coruña, 72 no conxunto das tres universidades galegas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta tarde un encontro con estudantes do campus de Elviña que actúan como Correspondentes universitarios ao difundir entre os seus compañeiros de facultade e contorna social información sobre os programas da Xunta en materia de xuventude. Este ano académico son 28 as persoas que cursan distintas titulacións na Universidade da Coruña que están inscritos nesta proposta, 72 entre as tres universidades (25 da Universidade de Santiago de Compostela e 19 da de Vigo).

Cristina Pichel explicou que o obxectivo final de Correspondentes universitarios é que as actividades e programas de interese para a mocidade galega cheguen ao seu destinatario final: os mozos e mozas.

Estes correspondentes encárganse de difundir entre os seu compañeiros de estudos información que poida ser do seu interese, para o que ademais da transmisión directa en persoa tamén fan uso de redes sociais; xestionan regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación da información na facultade e asisten ás reunións de coordinación que se convocan, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Acreditación oficialEstas persoas obteñen, en contrapartida pola súa actividade, unha serie de beneficios como recibir gratuitamente formación en materia de xuventude ou o carnés xove, o internacional de estudantes (ISIC) e o de alberguista durante o curso escolar no que estean inscritos no programa. Tamén se lles recoñece o tempo dedicado como persoas voluntarias, a experiencia e as competencias adquiridas a través do certificado de educación non formal en materia de xuventude.

As universidades, no caso da de Coruña e a de Santiago, e a propia Administración autonómica, no caso da Universidade de Vigo, expedirán aos correspondentes unha certificación coa súa participación no programa para os efectos de solicitude de créditos. Ademais, poderán participar de balde, durante unha fin de semana, nun encontro autonómico de correspondentes no que se inclúe aloxamento, a mantenza e a programación de actividades de carácter lúdico e formativo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre