Inicio Galicia A Xunta destaca o papel de Expoordes como escaparate e motor da...

A Xunta destaca o papel de Expoordes como escaparate e motor da dinamización económica da comarca

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, interveu na inauguración da mostra, na que participan ata o domingo arredor dun cento de expositores de diferentes sectores

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe na inauguración da Feira de Exposicións Multisectorial Expoordes, o importante papel deste encontro como escaparate e motor da dinamización económica da comarca, poñendo en valor os negocios xa consolidados e dando pulo aos que comezan a súa acividade.

No encontro, no que participan ata o domingo arredor dun cento de expositores de eidos como a maquinaria agrícola, as novas tecnoloxías, as enerxías renovables, a automoción, o mobiliario, a alimentación, o medio ambiente, a artesanía, o deporte, a cultura, o ocio, a moda e os eventos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria conta cun espazo para dar a coñecer as posibilidades e o carácter transformador da economía social, así como para impulsar a promoción e comercialización das sociedades participantes e dos seus produtos e servizos.

Son sete as empresas galegas de economía social que están presentes neste stand, representando tres fórmulas distintas de actividade económica: por un lado, as cooperativas Condado Paradanta, Bico de Xeado, Campo Capela, Terras da Mariña e Tres Fuciños, cos seus produtos lácteos e derivados, produtos apícolas e da horta, ou elaborados de porco celta; a empresa de inserción Conservas Anaco, coas súas anchoas, e finalmente o centro especial de emprego I-Lab, que ofrecerá produtos de xoiaría. O horario de apertura da feira o sábado e o domingo vai desde as 10.00 ata as 21.00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre