Inicio Galicia A Xunta destaca o papel da innovación na expansión internacional das pemes...

A Xunta destaca o papel da innovación na expansión internacional das pemes de alimentación galegas

0

O director do Igape, Juan Cividanes, abriu a xornada internacional de traballo que reúne en Santiago a empresas e expertos en nutrición da poboación maior de 50 anos

O director do Igape, Juan Cividanes, participou, xunto co xerente do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), Roberto Alonso, na apertura da xornada de traballo internacional Innovación en nutrición personalizada para a poboación sénior, que se celebrou hoxe en Santiago de Compostela, e na que salientou o traballo de innovación e especialización que realizan as pemes galegas do sector alimentario para facer que os seus produtos sexan máis competitivos e cheguen a novos mercados internacionais.

O encontro, organizado por Clusaga conta con máis de 70 participantes procedentes de nove países europeos que traballan en ámbitos como a saúde, a investigación e a empresa. Forma parte do Proxecto Europeo Inclusilver, que co-lidera o clúster galego da alimentación e que ten como obxectivo xerar novos produtos e servizos que respondan ás necesidades da poboación de máis de 50 anos mediante a colaboración entre entidades públicas e privadas de distintos ámbitos de actividade. Así, ademais de socios de España, reúne a entidades de Italia, Reino Unido, Dinamarca, Irlanda, Grecia, Hungría y Francia.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Na súa intervención, Cividanes salientou que a calidade e a aceptación crecente dos produtos agroalimentarios galegos, con boa acollida nos mercados internacionais, son un bo exemplo dos resultados que se poden conseguir a partir da cooperación e a innovación. Sobre o compromiso coa cooperación entre empresas, salientou o papel que desenvolve Clusaga, como dinamizador e aglutinador das empresas de alimentación galegas, tanto na incorporación das empresas á realidade da Industria 4.0 como na mellora da competitividade, especialmente na esfera internacional. Nese sentido, lembrou que nos últimos anos as exportacións galegas destes produtos medraron de forma continuada, sumando 2.924M€ en 2017, un 9% máis que en 2016. Salientou o apoio da Xunta a máis dun cento de proxectos de internacionalización desenvolvidos nos últimos anos polas pemes do sector.

A Xunta, a través do Igape, apoia os investimentos en innovación das pemes alimentarias galegas con programas como o ReAcciona, ao que se acolleron máis de 30 empresas do sector nos últimos tres anos, ou os investimentos tecnolóxicos, liña que leva apoiado no marco da Axenda Industria 4.0, a oito empresas agroalimentarias.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -