Inicio Galicia A Xunta destaca o papel da Feira de Artesanía de Ourense no...

A Xunta destaca o papel da Feira de Artesanía de Ourense no impulso á promoción e á comercialización do produto artesán galego

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron á inauguración da mostra, que este ano se celebra baixo o lema ‘A creación como modo de vida’

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á inauguración da XXIII Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense, onde destacou o importante papel que xoga esta cita no impulso á promoción e á comercialización do produto artesán galego. Baixo o lema A creación como modo de vida, a mostra recolle o traballo de artesáns que se dedican a actividades coma o tecido, a xoiería, a bixutería, o coiro, o vidro ou a madeira.

Ademais, os visitantes poderán participar en obradoiros e demostracións de oficios como o obradoiro de cestería contemporánea que hoxe dirixe Idoia Cuesta e outro de tecidos a cargo de Concha Outeiriño, mañá 30 de abril. Tamén haberá demostracións de olería, de construción artesanal de gaitas e de encaixe de bolillos.

O horario da feira, que se celebra ata o domingo 5 de maio, é de 11:00 a 14,00 horas, e de 17:00 a 21:00, agás o venres, xa que nesta edición a Feira de Artesanía coincide coa celebración da Shopping Night e amplíase o horario ata as 00:00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre