Inicio Galicia A Xunta destaca o papel da educación no fomento da igualdade nas...

A Xunta destaca o papel da educación no fomento da igualdade nas xeracións máis novas

0

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe no acto conmemorativo da Universidade de Santiago do Día Internacional das Mulleres


A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, destacou hoxe, durante o acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres, celebrado na Universidade de Santiago, o importante papel das universidades no fomento da igualdade ao tratarse dun dos ámbitos de socialización que máis inflúen na aprendizaxe das novas xeracións.

Nesta liña, Natalia Prieto indicou o relevante papel de Concepción Arenal tanto na educación como na igualdade. “A sociedade, a de hai 200 anos, cando naceu Concepción Arenal, e a de agora, precisan de referentes para avanzar. Foi un dos primeiros referentes da igualdade neste país, e era galega. Unha das primeiras universitarias, rompendo as regras, e reivindicando, co seu exemplo, que non estaba conforme con aqueles que dicían que as mulleres non podían ser isto ou aquelo, ou que a universidade non era un lugar para elas” sinalou a directora xeral.

Neste sentido, sinalou que educar en igualdade constrúe unha sociedade en igualdade. A educación é a porta de entrada para inculcar os valores da igualdade entre os máis novos. No caso concreto das universidades,o seu traballo para formar a futuros profesionais e coa súa relación con diferentes entidades axudan a proxectar unha imaxe de igualdade. Por iso, apelou a traballar desde as institucións académicas, tanto na escola como no instituto e nas universidades, para que a mocidade sexa consciente das vantaxes dunha igualdade real entre mulleres e homes e avanzar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre