Inicio Galicia A Xunta destaca o papel clave que desempeñan os orientadores para apoiar...

A Xunta destaca o papel clave que desempeñan os orientadores para apoiar a inserción laboral das persoas con discapacidade

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, reuniuse hoxe por videoconferencia cos responsables da asociación Autismo Bata, con sede en Vilagarcía de Arousa, e da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG), localizada en Vigo


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo hoxe sendos encontros telemáticos cos responsables da asociación Autismo Bata, con sede en Vilagarcía de Arousa, e da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG), localizada en Vigo. No encontro, o director xeral e os responsables das entidades destacaron o importante papel que desempeñan os orientadores laborais para apoiar a integración no mercado de traballo das persoas con discapacidade.

Casal avogou polo desenvolvemento de programas que inclúan información, unha diagnose individual dos participantes, asesoramento, motivación e o acompañamento nos procesos de acceso e cambios laborais.

Lembrou, ao respecto, que a Xunta está a impulsar un modelo de orientación aberta que busca unha maior implicación, compromiso e protagonismo da persoa demandante na configuración, execución e mellora do seu propio proceso de procura activa de emprego, cunha maior relevancia das TIC no seguimento e interacción.

Este modelo de orientación aberta é unha aposta da Administración autonómica para achegar o servizo aos usuarios e combinar accións presenciais e online, nunha firme aposta polo desenvolvemento das novas tecnoloxías.

A Xunta vén de resolver, cunha contía de 6,7 millóns de euros, a convocatoria de axudas destinada aos concellos e entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego. Estes apoios teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego.

Casal, por último, referiuse á importancia da formación especializada e de calidade, xa que facilita o acceso das persoas con discapacidade ao mercado laboral. Indicou, ademais, que a cualificación é clave aínda máis no novo horizonte socioeconómico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre