Inicio Galicia A Xunta destaca o papel clave da mostra de olería de buño...

A Xunta destaca o papel clave da mostra de olería de buño no impulso á artesanía de Galicia

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez sinala que este encontro, que celebra xa a súa trixésimo quinta edición, é o escaparate perfecto para o traballo dos artesáns oleiros e as súas creacións

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada pola xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta tarde na inauguración da XXXV Mostra da Olería de Buño, que se celebra desde hoxe ata o 29 de xullo.

Tal e como salientou Vázquez Abeal, a Mostra, que é a feira artesá decana de Galicia, converte durante dez días a localidade de Buño e a Comarca de Bergantiños nunha cita obrigada para os amantes da artesanía. Un punto de encontro e un escaparate perfecto para o traballo dos oleiros e as súas creacións, no que o visitante ten a oportunidade de participar no proceso de elaboración das pezas e de vivir unha festa enraizada na cultura popular da comarca e de Galicia.

No parque que leva o nome do etnógrafo Luciano García Alén participan nesta edición 8 oleiros de Buño e oito artesáns de outros produtos como o coiro, o tecido artesanal, os esmaltes, así como as redeiras de Corme. O Ecomuseo Forno do Forte será o segundo escenario no que se desenvolverán unha parte importante das actividades, como os obradoiros de barro abertos ao público, unha exposición sobre oleiros de Buño e a XX Cocedura Tradicional.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

O apoio da Xunta ao sector oleiro esténdese desde o impulso á Mostra ata a participación da olería de Buño en todas as liñas de actuación de promoción, comercialización e formación levadas a cabo en materia de artesanía. As pezas desta zona son parte imprescindible das escolmas que Artesanía de Galicia amosa cada ano en feiras internacionais, o que ten contribuído a que se comercialicen xa en países tan afastados como Xapón ou Australia.

Entre as diferentes iniciativas impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar o sector artesán, está aberto ata o 15 de setembro o prazo de presentación de solicitudes do novo programa para impulsar a formación de aprendices nos obradoiros artesáns galegos, co obxectivo de garantir a transmisión das técnicas e dos oficios artesanais. 


- Te recomendamos -