Inicio Galicia A Xunta destaca o liderado económico da DOP Arzúa-Ulloa no conxunto dos...

A Xunta destaca o liderado económico da DOP Arzúa-Ulloa no conxunto dos catro selos de queixo galegos cun valor estimado no ano 2018 de 20,8 millóns de euros

0

José González sinalou que a produción desta denominación de orixe protexida representa case o 62% dos quilos de queixo con selo en Galicia e o seu valor económico algo máis do 60% do total das catro denominacións

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá na apertura da 45º edición da Festa do Queixo de Arzúa, onde puxo en valor o peso que ten esta denominación de orixe protexida no conxunto dos catros selos de queixo galego.

Así, o titular de Medio Rural destacou que no ano 2018 a produción de queixo DOP Arzúa-Ulloa ascendeu aos 3,3 millóns de quilos, o que supuxo un valor económico estimado de 20,8 millóns de euros. Unhas cifras, sinalou o conselleiro, que evidencian a importancia deste selo en relación aos outros tres certificados (Tetilla, Cebreiro e San Simón da Costa), pois a súa produción representa case o 62% dos quilos de queixo con DOP en Galicia e o seu valor económico algo máis do 60% do total das catro denominacións.

Neste senso, José González puxo en valor o prestixio da nosa gastronomía en xeral e deste queixo en particular, que se verá potenciado aínda máis coa incorporación dos produtos agroalimentarios de calidade á marca Galicia Calidade. Nesta liña, o conselleiro sinalou que Galicia Calidade aposta polo valor engadido, “non queremos cantidade a calquera prezo, senón produción con calidade diferenciada”, dixo.

Para conseguir ese obxectivo, o titular de Medio Rural subliñou que a Xunta dará a coñecer neste ano 2020 este novo impulso, a través dun plan de acción estratéxico, a prescritores nacionais e internacionais. Dese modo, explicou, desenvolveranse unha serie de accións de promoción e de procura de negocio para os operadores privados que estean acollidos á marca.

DOP Arzúa UlloaA Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa foi recoñecida no ano 1995 e, a día de hoxe, conta cun total de 1.504 gandeiros e 20 queixerías inscritas a este selo de calidade diferenciada. A súa festa, de interese turístico de Galicia, lévase celebrando dende 1976, consolidándose como unha das citas gastronómicas máis importantes da nosa comunidade. Unha das principais características desta festa é a de conxugar unha actividade tradicional, como é a gandaría e a elaboración de queixo, con accións artísticas e lúdicas de vangarda, como os encontros de artistas urbanos ou os concertos de música programados nesta fin de semana de festa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre