Inicio Galicia A Xunta destaca o labor das entidades sociais para tecer a ampla...

A Xunta destaca o labor das entidades sociais para tecer a ampla rede de benestar e de apoio aos que máis o precisan

0

Insistiu en que a Xunta seguirá apoiando a aquelas asociacións que loitan contra a exclusión social a pé de campo e lembrou que nos últimos tres anos o Goberno galego duplicou o importe das axudas para as entidades sociais ata superar os 10 millóns de euros na última convocatoria 2017-2018


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o Centro de Recursos Solidarios de Narón, no que colabora a entidade Dignidad e no que aproveitou para destacar o labor das entidades sociais para tecer a ampla rede de benestar e de apoio aos que máis o precisan coa que conta Galicia.

Nesta liña, o conselleiro lembrou que Dignidad comezou a súa andadura no ano 1994, momento desde o cal atendeu a familias da bisbarra de Ferrolterra proporcionándolles roupa, alimentos e material escolar. Durante o seu percorrido polas instalacións, Rey Varela comprobou os traballos que alí se realizan e que consisten na distribución de produtos alimenticios, vestimenta e calzado, produtos de limpeza e aseo persoal e outros recursos necesarios para garantir o benestar dos que máis o precisan.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

A Xunta de Galicia ten un firme compromiso coas entidades, que no caso de Dignidad, tradúcese nunha achega económica de 1,4 millóns de euros neste 2018 para o conxunto de instalacións e actividades que levan a cabo na nosa comunidade.

En declaracións aos medios, o conselleiro asegurou que o Executivo autonómico seguirá traballando polos máis desfavorecidos desde unha tripla perspectiva: apoiando a aquelas entidades que loitan contra a exclusión social a pé de campo e ao carón dos que máis necesitan de axuda; multiplicando por dous nos últimos tres anos o importe das axudas ás entidades sociais ata chegar a máis de 10 millóns de euros na convocatoria 2017-2018 e reforzando a coordinación con outras administracións e co tecido social a través da Axenda Social Única de Galicia.

Por último, Rey Varela destacou que a pesar da mellora da situación económica, a Xunta segue a incrementar os fondos destinados a combater a pobreza, reservando o presente ano 115,2 millóns de euros, un 8% máis que en 2017. Neste sentido, cómpre subliñar que desde a creación da Consellería de Política Social en 2015 o crecemento acumulado do presuposto da área de Inclusión é do 35%.  

Leer más:  Jácome desoye las advertencias del Ministerio de Hacienda y despide al interventor municipal

- Te recomendamos -