Inicio Galicia A Xunta destaca o labor das agrupacións de Protección Civil a prol...

A Xunta destaca o labor das agrupacións de Protección Civil a prol da cidadanía galega en situacións de risco e emerxencias

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de entrega de medallas e condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV)

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia do traballo das agrupacións de ProtecciónCivil a prol da cidadanía galega, polo que indicou que é necesario felicitar ás persoas que dedican o seu tempo a labores de axuda e apoio aos demais de forma desinteresada e, de xeito especial, ós voluntarios como piar básico das emerxencias de Galicia.

Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao acto de entrega de medallas e condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV), onde se lle concedeu a Medalla de Ouro ao Mérito ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, que foi recollida por Alfonso Rueda.

O vicepresidente da Xunta indicou que dende principios dos anos 90, cando comezaron os voluntarios de Protección Civil en Galicia, había só 9 agrupacións e hoxe suman máis de 220, o que supón que ao redor do 75 por cento dos concellos galegos contan cunha agrupación.

A Xunta leva colaborando dende hai anos coas Agrupacións coa finalidade de que poidan contar cos medios necesarios para levar a cabo as súas funcións, co obxectivo de que todas as Agrupacións conten como mínimo cun vehículo tipo pick-up, un remolque con material de atención a emerxencias e material específico dependendo da tipoloxía de risco máis frecuente no concello, como é o caso de esparexadores de sal ou cuñas quitaneves en zonas de montaña ou embarcacións en concellos de costa.

En total, lévanse destinado a este fin máis de 12 millóns de euros. Anualmente, ademais, se convocan axudas para o seu funcionamento e se asinan convenios específicos para determinadas funcións como a vixilancia nos camiños de Santiago, onde os voluntarios contribúen a garantir a seguridade dos peregrinos e a prestar unha primeira asistencia en caso de emerxencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre