Inicio Galicia A Xunta destaca o labor da Unión Profesional de Galicia na defensa...

A Xunta destaca o labor da Unión Profesional de Galicia na defensa de máis de 60.000 traballadores nos seus 25 anos de traxectoria

0


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor hoxe en Santiago o labor que realiza a Unión Profesional de Galicia destacando que nos seus 25 anos de traxectoria defendeu o traballo de máis de 60.000 profesionais pertencentes aos 40 colexios que representa. No acto para celebrar o vixésimo quinto aniversario deste colectivo, ao que tamén asistiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana, Conde sinalou que os colexios profesionais son agrupacións de traballadores e traballadoras, polo que son coñecedores da realidade dos diferentes sectores económicos contribuíndo á xeración de riqueza e a construír un futuro de progreso.

O titular de Economía, Emprego e Industria apuntou, así mesmo, a importancia da formación para que tanto administracións como empresas poidan adaptarse aos novos cambios tecnolóxicos e poidan estar preparados para o emprego do futuro. Ao respecto, recoñeceu a misión formadora dos colexios profesionais e a súa proximidade co ámbito universitario, a súa participación en diferentes órganos consultivos da Administración e a súa presenza en xuntas arbitrais e organismos de consumo.

Por último, gabou o labor dos diferentes colexiados premiados no acto e do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, que recibiu unha mención honorífica pola súa defensa dos órganos profesionais que reivindican o seu papel de institucións democráticas, fortes, independentes e ao servizo da sociedade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre