Inicio Galicia A Xunta destaca o labor da Fundación Nortempo a prol da inserción...

A Xunta destaca o labor da Fundación Nortempo a prol da inserción laboral dos colectivos con máis dificultades

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro na Coruña coa dirección da entidade e o alumnado para coñecer as accións que se están levando a cabo en materia de formación

director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro esta mañá na Coruña coa dirección e alumnado da Fundación Nortempo e destacou o labor desta entidade a prol da inserción laboral dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego.

Así, esta entidade está desenvolvendo un Programa Integrado de Emprego no que participan un total de 100 alumnos, 50 na Coruña e 50 en Vigo, entre persoas desempregadas con discapacidade, menores de 30 anos sen ocupación e baixa cualificación e persoas en risco de exclusión. Os participantes poderán acceder a un certificado de profesionalidade en actividades auxiliares de almacén, técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria e limpeza de cristais en edificios e locais. De xeito paralelo, o programa tamén oferta formación transversal en materias como as novas tecnoloxías, así como obradoiros de busca activa de emprego e medidas para a conciliación. A iniciativa conta cun obxectivo de inserción do 40%. A Fundación Nortempo, ademais, desenvolve outro tipo de accións de formación dentro do Plan de formación para desempregados.

Casal insistiu na necesidade de que as diferentes administracións e entidades colaboren e aposten pola formación co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda a Comunidade e avogou por fomentar unha formación dual e flexible que se adapte ás necesidades das empresas e aos perfís profesionais máis demandados.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre