Inicio Galicia A Xunta destaca o incremento de viaxeiros propiciado polo Plan de transporte...

A Xunta destaca o incremento de viaxeiros propiciado polo Plan de transporte público de Galicia, que permitiu darlle uso a 100.000 prazas baleiras de autobús escolar

0

Ethel Vázquez subliña que en 10 meses, liñas de autobús renovadas acumulan 4,8 millóns de viaxes, cunha media de 250.000 usuarios non escolares ao mes


A Xunta de Galicia destaca o incremento de viaxeiros propiciado pola posta en marcha o pasado mes de agosto de 2017 do Plan de transporte público de Galicia, que fixo posible que no último curso se lle dese uso a 100.000 prazas baleiras do autobús escolar.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, respondeu esta tarde a unha pregunta parlamentaria, destacando que ao longo dos últimos 10 meses, as liñas renovadas co Plan de transporte público de Galicia acumulan 4,8 millóns de viaxes, cunha media de 250.000 viaxes non escolares cada mes.

Vázquez Mourelle salientou que con este Plan aumentou a cobertura territorial do transporte, levando o autobús a lugares aos que non chegaba, triplicando o número de paradas e rebaixando as tarifas en ata un 80%.

Ademais, puxéronse en marcha novas modalidades de transporte, como o autobús compartido e os servizos baixo demanda, coa finalidade de aumentar a cobertura nas zonas onde non chegaba o transporte público. Desa forma, salientou, acádase unha maior eficiencia e a máxima rendibilidade social para o transporte público, evitando a circulación de autobuses baleiros. Todo iso, engadiu, coas máximas garantías para os escolares e con plena normalidade na convivencia.

Leer más:  Juan Carlos I recibe en su casa la visita de la tripulación del 'Bribón' liderada por Pedro Campos

A conselleira remarcou a aposta do Goberno galego por impulsar un sistema de transporte máis útil para os cidadáns, especialmente no rural; máis sostible desde o punto de vista social e viable desde a perspectiva económica.

E salientou que o Plan de transporte público posto en marcha pola Xunta está avalado polos usuarios, polos tribunais, por un acordo sindical de referencia e polo interese doutras comunidades autónomas Nese sentido, salientou que o Goberno galego está a traballar para culminar no ano 2019 o camiño xa iniciado, coa elaboración da segunda fase do Plan de transporte público activada. Será, novamente, un plan dialogado e participado para o que xa están en marcha os estudos e o traballo de campo, unha vez culminada o primeiro dos dous procesos de información pública.

Ethel Vázquez destacou a celebración de xuntanzas concello a concello e aproveitou para solicitar a implicación activa dos municipios e das deputacións provinciais. A mellora do transporte público é responsabilidade de todos, asegurou a conselleira, engadindo que as administracións locais poden implicarse coa posta en marcha de servizos municipais que garantan a conexión das parroquias e complementen os servizos interurbanos da Xunta. 

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

- Te recomendamos -