Inicio Galicia A Xunta destaca o impuso á promoción e á comercialización do produto...

A Xunta destaca o impuso á promoción e á comercialización do produto artesán galego da Feira de Artesanía de Ourense

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron á inauguración da mostra, que este ano se celebra baixo o lema ‘A creación como modo de vida’


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á inauguración da XXII Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Baixo o lema A creación como modo de vida, a XXII Feira de Artesanía amosará o traballo dunha vintena de artesáns que se dedican a actividades coma o tecido, a xoiería, a bixutería, o coiro, o vidro ou a madeira. A maioría dos participantes son profesionais da marca Artesanía de Galicia como Ceibe (Ribadavia), Paz Navas (A Coruña), Amorei (Soutomaior), Chueco (A Coruña), Crisol de Abril (Fene), Afeitura (A Coruña), Mestura de Kores (Vigo), Artesara Joyería (A Coruña), Xakarandá (Pontevedra), A. Outeiriño: tecido artesán (Ourense), Silvereira (Teo), Rosa Higuero (Cabanas), Tucoiro Maceda (Maceda), Zimzelatum (Gondomar), Armaior (Quiroga e a colareira Montse Betanzos (O Grove).

Leer más:  Los trenes Avril están triunfando en Galicia: más de 13.000 billetes vendidos en menos de 24 horas

Así mesmo, os visitantes poderán participar en obradoiros e demostracións de oficios coma o de sombreirería, cestería, torneado de madeira, olería, talla de madeira, construción artesanal de gaitas e bordados ao aire. Entre os docentes destacan os artesáns Félix de Martín (Ourense), María Jesús Labrador (Lobeira), Agustín Vázquez (Xunqueira de Espadanedo), Roberto Figueira (Rianxo) ou Belén Vázquez (Ourense). Como vén sendo habitual nos últimos anos, a organización realizará diariamente un sorteo de pezas artesanais. O horario da feira, que se celebrará que se celebrará ata o mércores 27 de xuño será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas, coincidindo coas festas da cidade.

A Xunta aposta pola comercialización, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais xa que constitúen unha ferramenta de dinamización social e económica, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal galego.


- Te recomendamos -