Inicio Galicia A Xunta destaca o impulso das Políticas Sociais dirixidas ás persoas maiores,...

A Xunta destaca o impulso das Políticas Sociais dirixidas ás persoas maiores, que considera un dos principais activos de Galicia

0

A rateo de atención a persoas que teñen a súa dependencia recoñecida está actualmente por enriba do 85%


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, sinalou hoxe no transcurso dunha comparecencia parlamentaria que “as persoas maiores son un dos principais activos que ten Galicia tanto pola súa experiencia como polos seus coñecementos como polas súas capacidades”. Ao fío disto, destacou o notable impulso que experimentaron nos últimos anos as políticas públicas destinadas a este amplo segmento de poboación na nosa comunidade.

Neste sentido, o conselleiro apuntou que o orzamento destinado ás persoas maiores volveu aumentar para este exercicio un 10% en comparación co anterior, ata acadar a cifra récord de practicamente 414 millóns de euros, o que permite estender a atención a dependencia a máis demandantes. De feito, na actualidade Galicia presenta unha rateo de cobertura superior ao 85% con 56.874 dependentes con servizo, segundo o último informe do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social correspondente ao pasado mes de xullo. Así mesmo, deu conta das novas medidas aprobadas neste ámbito: o novo reforzamento do Servizo de Axuda, cun millón e medio de horas máis postas a disposición dos concellos; o Bono Autonomía en Residencia, que consiste nunha axuda económica ás persoas que agardan por un recurso residencial para financiar o custo dunha praza no centro privado que elixan; e as Casas do Maior, experiencia piloto para atender a persoas maiores de 60 anos que viven en concellos rurais de menos de 5000 habitantes.

No que atinxe a atención en residencias, Rey Varela indicou que as 7.820 prazas ofertadas a día de hoxe supoñen un 40% que as existentes en 2009; e engadiu que este ano se superarán as 8000 prazas coas novas aperturas previstas. Ademais, lembrou que a Consellería traballa no Plan como na Casa para a construción de sete novas residencias de maiores, unha en cada gran cidade de Galicia, que suporán a creación de 900 novas prazas.

Por último, o titular de Política Social destacou no apartado de persoal a creación de 155 novas prazas desde o ano 2015, a mellora das condicións laborais nos centros da área de Benestar e o reforzo da actividade inspectora a través do plan anual de control e vixilancia dos servizos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre