Inicio Galicia A Xunta destaca o esforzo das empresas galegas para a súa expansión...

A Xunta destaca o esforzo das empresas galegas para a súa expansión internacional no novo contexto económico

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou hoxe no encontro dixital ’Oportunidades poscovid-19. A internacionalización da empresa no novo contexto global’, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá no encontro dixital Oportunidades poscovid-19. A internacionalización da empresa no novo contexto global, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección, co obxectivo de afondar no papel que desempeña na recuperación económica a presenza das empresas nos mercados exteriores e os retos derivados da globalización en situacións excepcionais como a que estamos a atravesar.

No webinario, o director do Igape puxo en valor o esforzo que están a facer as empresas galegas para redefinirse e incrementar a súa competitividade e potenciar a súa internacionalización ante a nova a situación económica.

Salientou a resposta da Xunta para impulsar ese esforzo e lembrou que, no marco do Plan de reactivación económica, o Goberno galego vén de activar medidas para a dixitalización cunha dotación de 16 millóns de euros. Este programa está deseñado para facilitar a reactivación do tecido empresarial e a súa adaptación á actual situación derivada da covid-19 e contempla axudas para que as pemes galegas poidan fortalecer a súa presenza exterior a través de ferramentas dixitais innovadoras que facilitan a apertura de novas canles de comercialización.

O Plan inclúe o reforzo do programa Galicia Exporta Dixital, que incorpora como novidade destacada as facilidades que ofrece para que os comercios polo miúdo poidan acollerse ás axudas. A través desta liña, pemes e comerciantes poden obter apoios para a realización de diagnósticos de potencial exportador; plans de internacionalización dixital multicanle; plans de mercados electrónicos concretos; a creación e adaptación de tendas en liña e catálogos en liña para o márketing e vendas en mercados electrónicos; ou a adquisición de software específico, entre outros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre