Inicio Galicia A Xunta destaca o compromiso dos empresarios e emprendedores de Monforte por...

A Xunta destaca o compromiso dos empresarios e emprendedores de Monforte por gañar en competitividade e ser máis innovadores

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun encontro no que se informou dos programas de apoio á disposición do tecido empresarial, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde en Monforte de Lemos nun encontro con empresarios e emprendedores da localidade lucense no que se informou dos diferentes programas de apoio que están nestes momentos abertos á presentación de solicitudes, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización.

Na súa intervención, Conde destacou o compromiso dos empresarios e emprendedores de Monforte de Lemos por gañar en competitividade e ser mellores, máis fortes e máis innovadores. Conde defendeu así mesmo que o emprendemento é garantía dun futuro mellor e, nese sentido, sinalou que facilitar as condicións idóneas para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais representa unha necesidade tanto económica como social. Neste ámbito, referiuse a iniciativas como o coworking da Ribeira Sacra, que celebra a súa quinta edición con 22 participantes ou a Lei de implantación empresarial, a través da cal se crea a figura dos Concellos Emprendedores.

Tal e como se explicou no encontro, os municipios que contan con este distintivo, entre os que se encontran tres concellos desta comarca (Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón e O Saviñao) ofrecen incentivos ás empresas que queren asentarse, con máis simplificación administrativa, máis facilidades de acceso a solo industrial e máis incentivos fiscais, con bonificacións de ata o 95% nos impostos locais. A cambio, os Concellos Emprendedores teñen prioridade no acceso a convocatorias de axudas vinculadas co emprego, a formación, ou a modernización do tecido empresarial, entre outras.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria defendeu a necesidade de apostar, a través da cooperación, por unha Galicia máis preparada, máis competitiva e máis innovadora, e afondou na aposta por dar máis oportunidades ao emprendemento feminino e aos máis novos, que reflicten o talento da Comunidade 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre