Inicio Galicia A Xunta destaca o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro no fomento da...

A Xunta destaca o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro no fomento da igualdade

0

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na presentación de Irene Vilaboa como adestradora do equipo de balonmán

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, destacou hoxe o compromiso da Sociedade Deportiva Teucro co fomento da igualdade entre mulleres e homes.

Así o sinalou hoxe durante o acto de presentación de Irene Vilaboa como adestradora do equipo, durante o que incidiu en que o feito de que Irene Vilaboa se converta na primeira muller en dirixir a un equipo masculino nunha das categorías máis altas do balonmán contribuirá a que outras adestradoras a teñan como referente.

Ademais, engadiu que tanto o equipo técnico como os xogadores da S.

D. Teucro son tamén referentes para a mocidade galega aos que inculcan valores vinculados ao deporte como o traballo en equipo, o esforzo e a dedicación. Polo mesmo motivo, considera que os e as deportistas son fundamentais para concienciar e educar aos mozos e mozas na igualdade tanto no ámbito deportivo como na sociedade en xeral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre