Inicio Galicia A Xunta destaca o carácter prioritario da atención ás persoas con enfermidades...

A Xunta destaca o carácter prioritario da atención ás persoas con enfermidades neuromusculares

0

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu esta mañá á II Xornada Galega sobre Enfermidades Neuromusculares no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde sinalou que a prioridade do Goberno galego é ofrecer os mellores coidados ás persoas con enfermidades neuromusculares.

O director xeral destacou que a Xunta de Galicia traballa para mellorar a atención á dependencia no ano 2020. Para iso, incrementará nun 5,2% os fondos destinados a este fin ata chegar aos 450 millóns de euros, isto é, seis de cada dez euros xestionados por pola Consellería de Política Social.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre