Inicio Galicia A Xunta destaca o aumento da taxa de emprendemento e o impulso...

A Xunta destaca o aumento da taxa de emprendemento e o impulso aos apoios ás novas empresas na presentación do estudo GEM Galicia

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do Informe Executivo, que avalía a evolución do emprendemento na Comunidade Autónoma e que indica que os novos empresarios buscan a innovación e a internacionalización das súas compañías

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta mañá, en Santiago de Compostela, na presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2017, que avalía a evolución do emprendemento na Comunidade Autónoma, e destacou o incremento na intención de emprender en Galicia á vez que salientou os apoios á creación de novas empresas que ofrece a Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O Estudo GEM, no que colaboraron a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, a través do Igape, e AJE Galicia, ofrece os datos da taxa de poboación con intención de emprender (TEA), que acadou no pasado ano o 5% en Galicia, superando en máis dun punto a de 2016. O crecemento está liderado pola poboación universitaria e aséntase grazas ás iniciativas empresariais que teñen entre 3 meses e 3 anos e medio de actividade.

Leer más:  Los artistas que encabezan el cartel del Surfin the Lérez 2024 son The Rapants, Grande Amore, Niños Mutantes, Joe Crepúsculo y Ortiga

O director do Igape sinalou que a percepción de oportunidades mellora en Galicia durante o 2017, acadando un valor de 24,6%, ademais subliñou que o 23% das iniciativas emprendedoras son innovadoras e que o 16% das empresas consolidadas, as que superan os tres anos e medio de vida, prevén internacionalizar a súa actividade.

Cividanes apuntou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, coordina un marco integral de apoios ao emprendemento que suma asesoramento para o deseño de proxectos e axudas para a creación, a consolidación e a internacionalización das novas compañías.

Neste sentido, puxo de relevo os programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende aos que se destinaron en 2018, 7,5 millóns de euros e que apoiaron 192 proxectos empresariais, mobilizando máis de 18 millóns de euros, e que levan asociados a creación e o mantemento de 385 postos de traballo. Estes apoios refórzanse coa plataforma StartIN, na que se enmarcan os espazos coworking e a rede de aceleradoras galega, e cos instrumentos financeiros innovadores (IFIs), que se suman aos préstamos participativos ou o capital risco que ven ofrecendo Xesgalicia a través do fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras.

Leer más:  Detenido en Vigo un septuagenario por una presunta agresión sexual a su pareja

- Te recomendamos -