Inicio Galicia A Xunta destaca o apoio ao comercio de proximidade e aos centros...

A Xunta destaca o apoio ao comercio de proximidade e aos centros comerciais abertos na feira de oportunidades SaldoMarín

0


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na inauguración da XIII edición da Feira de Oportunidades SaldoMarín que se celebra na vila pontevedresa ata o próximo domingo 4 de agosto.

A directora xeral mostrou o apoio que a Xunta está a dar aos Centros Comerciais Abertos de Galicia para seguir impulsando o comercio de proximidade. Neste caso, o CCA Estrela Marín organiza un dos eventos con máis tradición no concello marinense co obxectivo de axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos baixos.

Vázquez, así mesmo, salientou o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial e coa modernización e impulso á competitividade do comercio de proximidade galego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre