Inicio Galicia A Xunta destaca o apoio ao comercio de proximidade e aos centros...

A Xunta destaca o apoio ao comercio de proximidade e aos centros comerciais abertos coa dixitalización de Santiago centro

0


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación do proxecto Outlet Santiago, un portal multi tenda creado por 28 comercios de varios sectores do centro comercial aberto Santiago Centro para dispor unha nova canle de venda de produtos en outlet.

A directora xeral mostrou o apoio que a Xunta está a dar aos centros comerciais abertos de Galicia para seguir impulsando o comercio de proximidade. Ademais, celebrou a aposta pola dixitalización destes comercios, cunha fórmula baseada na innovación e que fortalecerá a economía local. Vázquez, así mesmo, salientou o compromiso do Goberno galego co asociacionismo comercial e coa modernización e impulso á competitividade do comercio de proximidade galego. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre