Inicio Galicia A Xunta destaca en Vimianzo o modelo de minería sustentable promovido por...

A Xunta destaca en Vimianzo o modelo de minería sustentable promovido por Cavisa

0


O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu hoxe en Vimianzo ao acto de entrega de certificación de normas UNE á empresa Caolines de Vimianzo (Cavisa) en xestión de minería sustentable -o que a converte na primeira compañía galega en obtelas-, onde destacou que o modelo promovido por esta empresa é o único que ten futuro.

Así, o director xeral asegurou que Cavisa é un exemplo de integración social e ambiental e explicou que a empresa levará un seguimento exhaustivo da súa compatibilidade ambiental, do seu impacto social e da súa calidade laboral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre