Inicio Galicia A Xunta destaca en Vilamarín a importancia dos cursos formativos para mellorar...

A Xunta destaca en Vilamarín a importancia dos cursos formativos para mellorar o acceso ao mercado laboral

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou esta mañá aos alumnos dos cursos de soldadura e instalacións eléctricas de baixa tensión que se están celebrando na Fundación Laboral da Construción

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou esta mañá en Vilamarín aos alumnos de dúas accións formativas para desempregados que se están a celebrar na Fundación Laboral da Construción. Durante a visita, destacou o papel da formación e destas iniciativas na mellora da empregabilidade dos galegos e galegas.

En concreto, un total de 22 alumnos asisten aos cursos de soldadura e de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión que se están celebrando na Fundación Laboral da Construción. O director xeral destacou a importancia de apostar por unha formación que mellore a cualificación dos traballadores para incrementar as súas oportunidades laborais e que, ademais, dea resposta ás necesidades das empresas e do seu contorno.

Así, o Goberno galego, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten aberto ata o vindeiro 10 de xuño o prazo de solicitude de axudas para cursos de formación para desempregados que se imparten en centros homologados pola Administración.

En total, destinaranse 36M€ entre 2019 e 2020 co obxectivo de beneficiar a 13.500 alumnos a través de 900 cursos. As accións formativas empezarán en setembro deste ano, e poderán impartirse ata o 30 de setembro de 2020. Aos apoios poden acceder as entidades que sexan titulares de centros e entidades de formación acreditados e/ou inscritos pola Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral de Galicia: empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos.

O Plan de formación para desempregados enmárcase na Axenda 20 e é un reto prioritario para o Goberno galego que traballa, ademais, na adaptación dos perfís profesionais ás demandas que está requirindo o tecido produtivo nesta nova era tecnolóxica. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre