Inicio Galicia A Xunta destaca en Vigo a importancia da prevención de riscos laborais...

A Xunta destaca en Vigo a importancia da prevención de riscos laborais no ámbito forestal

0
image_gallery.jpg

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou nunha xornada organizada pola Asociación Forestal de Galicia (AFG) no local da comunidade de montes de Coruxo


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe na inauguración dunha xornada sobre prevención de riscos laborais e uso de maquinaria organizada pola Asociación Forestal de Galicia (AFG) no local da comunidade de montes de Coruxo (Vigo). Na súa intervención, sinalou que a prevención de riscos laborais nesta industria é unha prioridade para a Xunta, destacando o traballo coordinado de Xera, a Consellería do Medio Rural e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

Neste sentido, subliñou que este Instituto conta con actuacións específicas para o sector forestal, actividades de silvicultura e industria madeireira, e que está constituído un grupo de traballo específico. Ademais, elaboráronse protocolos para o coronavirus destinados a esta industria.

A xornada celebrada hoxe conta co apoio da Xunta dentro da Estratexia de Formación da Industria Forestal. Neste marco, Xera apoia con preto de 500.000 euros a posta en marcha de 157 accións formativas, nas que se espera que participen 2500 profesionais, e 14 accións de divulgación que se prevé que chegarán a 10.000 persoas.

A Asociación Forestal de Galicia organiza con estes apoios cinco xornadas formativas en prevención de riscos laborais, todas elas na provincia de Pontevedra: O Rosal, Ponteareas, Vigo (en Coruxo e tamén en Zamáns) e Mos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre