Inicio Galicia A Xunta destaca en Monforte de Lemos a importancia da formación e...

A Xunta destaca en Monforte de Lemos a importancia da formación e a cualificación para que a mocidade galega acceda ao mercado laboral

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na clausura do obradoiro Cobas Xuvenil, no que 15 desempregados menores de 30 anos se formaron e obtiveron un contrato laboral


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, salientou hoxe en Monforte de Lemos, na clausura do obradoiro Cobas Xuvenil, a importancia da formación e a cualificación para acceder ao mercado laboral e para impulsar o emprego de calidade.

No obradoiro que hoxe se clausurou participaron un total de 15 menores de 30 anos, que recibiron cualificación e obtiveron un posto de traballo en carpintería e xardinería, concretamente nas especialidades de carpintería e moble e mantemento de xardíns e zonas verdes.

A iniciativa, desenvolta en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, contou cun orzamento total de máis de 140.000 euros. A través deste obradoiro de emprego, realizouse o acondicionamento do espazo medioambiental de Cobas, consistente na preparación do terreo para sementar céspede e a colocación de rego automático; acondicionamento dunha senda peonil, colocación dunha varanda de madeira e instalación de bancos na contorna do parque e no paseo do río.

Leer más:  Novedades en prevención de incendios: pastoreo, refuerzo en la frontera y aumento a 7 meses de fijos discontinuos

En total, en Galicia puxéronse en marcha a través da convocatoria 2017/2018 ata 83 obradoiros de emprego (59 xerais e 24 específicos para a mocidade) aos que a Administración autonómica destinou 20 millóns de euros para beneficiar a 1600 galegos e galegas sen emprego.

A partir do mes de setembro, iniciarase unha nova edición deste programa, no marco da convocatoria 2018/2019, na que se activarán os novos obradoiros duais de emprego, cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de 2000 persoas desempregadas, cunha achega de preto de 30 millóns de euros.

O obxectivo é poñer en marcha 100 programas, que combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e, como principal novidade, a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa.

A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade. A través deste programa, os alumnos e alumnas recibirán, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

Nos obradoiros duais de emprego terán preferencia os vinculados ao eido forestal e ao Camiño de Santiago, así como os Concellos Emprendedores. Darase, ademais, prioridade aos desempregados con especiais dificultades de inserción no mercado de traballo.

Os obradoiros duais de emprego compleméntanse cos obradoiros específicos para mozos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, un total de 23 que permitirán beneficiar a máis de 350 mozos de 61 concellos a través dun orzamento de 3,45 millóns de euros. Permitirán desenvolver iniciativas centradas en especialidades de ámbitos como a informática e as tecnoloxías da información e a comunicación (TICs); o deseño gráfico; a hostelería e o turismo; a carpintería; o forestal; a xardinería; ou o sociosanitario; e diferentes materias relacionadas coa construción e a industria, entre outros. Estes programas combinan a formación coa realización dun traballo específico, cun contrato de aprendizaxe durante 6 meses. A todos estes obradoiros súmanse os Programas Integrados de Emprego e as distintas iniciativas de formación para desempregados.  


- Te recomendamos -