Inicio Galicia A Xunta destaca en Mondoñedo o papel da artesanía na dinamización económica...

A Xunta destaca en Mondoñedo o papel da artesanía na dinamización económica do rural galego

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe os obradoiros do barrio dos Muíños, onde sinalou que os oficios tradicionais forman parte da oferta turística de calidade de comarcas como A Mariña

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe os obradoiros do barrio dos Muíños, en Mondoñedo, onde destacou o importante papel que xoga a artesanía galega na dinamización do rural galego, contribuíndo á fixación de poboación, e subliñando que os oficios tradicionais, en cuxa recuperación colabora a Xunta co Concello, forman parte da oferta turística de calidade de comarcas como A Mariña.

Durante a visita, Sol Vázquez lembrou que, para facilitar a adaptación do sector artesán aos novos hábitos de consumo e ao actual contexto xerado pola covid-19, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de poñer en marcha un novo programa de axudas para impulsar a comercialización dixital.

A iniciativa, que conta cun orzamento de 330.000 euros, contempla apoios de ata 8000 euros por iniciativa (cun máximo de dúas iniciativas por beneficiario) para a organización de eventos como tendas efémeras, plataformas de market place, feiras ou calquera outro tipo de evento comercial celebrado en liña. Para os participantes neste tipo de actuacións, as axudas poderán alcanzar un total de 6000 euros.

Ademais, dentro da convocatoria, á cal poderán presentarse solicitudes ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito, tamén se contemplan apoios para actuacións de comercialización física, con ata 8.000 euros para a participación en feiras artesanais ou ata 30.000 euros para a organización destes encontros, dependendo do tipo de solicitante.

Poden beneficiarse das axudas, en concorrencia non competitiva, obradoiros artesáns, asociacións profesionais do sector, e concellos e, no caso de axudas para a comercialización dixital, comerciantes retallistas que empreguen a menos de 20 traballadores. Poderán solicitar anticipos de ata o 50% do importe da axuda, que pode financiar ata o 80 por cento do investimento subvencionable.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre