Inicio Galicia A Xunta destaca en Melide o papel da formación na mellora da...

A Xunta destaca en Melide o papel da formación na mellora da empregabilidade dos galegos

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá a Unidade de Acción Formativa deste concello coruñés, na que 15 persoas participan nun curso de atención sociosanitaria

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá a Unidade de Acción Formativa de Melide, onde actualmente se está impartindo un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no que participan 14 alumnas e un alumno, na súa maioría persoas desempregadas.

Durante a visita, na que coñeceu as diferentes instalacións do centro melidao, Pablo Casal destacou a aposta da Xunta pola formación para impulsar a mellora da empregabilidade dos galegos e galegas. O curso de atención sociosanitaria, que se desenvolve desde agosto ata decembro, ten unha duración de 450 horas, combinando formación teórico-práctica no propio centro con prácticas profesionais en institucións sociosanitarias. A superación do curso permite aos participantes obter un certificado de profesionalidade na correspondente área.

A formación para mellorar a empregabilidade dos galegos é un reto prioritario da Axenda 20 que se suma á adaptación dos perfís profesionais ás demandas actuais do tecido produtivo. Así, o Plan galego de formación 2019-2020, no que se enmarca a iniciativa que se desenvolve en Melide, chegará este curso a 28.000 galegos e galegas para mellorar a súa cualificación e impulsar a súa empregabilidade. O Plan Galego de Formación contará para o curso 2020-2021 con máis de 66 millóns de euros para continuar impulsando unha formación dual e flexible, axustada ás necesidades do tecido produtivo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre