Inicio Galicia A Xunta destaca en Marín o compromiso dos empresarios e emprendedores por...

A Xunta destaca en Marín o compromiso dos empresarios e emprendedores por impulsar a competitividade e a Industria 4.0

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou nun encontro no que se informou dos programas de apoio á disposición do tecido empresarial, en eidos como a dixitalización, o financiamento ou a internacionalización

O director do Igape, Juan Cividanes, participou esta tarde nun encontro con empresarios e emprendedores no que se informou dos diferentes programas de apoio que están nestes momentos abertos á presentación de solicitudes, en eidos como a dixitalización, o financiamento ou a internacionalización.

Na súa intervención, Cividanes destacou o compromiso dos empresarios de Marín por mellorar a competitividade do tecido empresarial, ao tempo que impulsan procesos de dixitalización e a implantación da Industria 4.0 no territorio. Lembrou ademais os esforzos que levan a cabo no desenvolvemento económico da comarca, que constatan o dinamismo do ecosistema emprendedor galego. Animou tamén ás administracións e organizacións empresariais a seguir fomentando conxuntamente o talento e a vocación empresarial con iniciativas conxuntas como esta, organizada en colaboración co Concello de Marín, a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra (GALP).

En colaboración con AnfacoPor outra banda, no marco do ciclo de encontros informativos sobre internacionalización que está a desenvolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria durante este mes en sete localidades galegas, o director do Igape asistiu esta mañá en Vigo á xornada organizada coa colaboración da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (Anfaco), na que se achegou asesoramento e información ás pemes sobre as oportunidades de expansión nos mercados internacionais, especialmente no eido dixital.

Realizado conxuntamente con asociacións empresariais, clústeres e Cámaras de Comercio, este ciclo informativo inclúe 14 xornadas en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo, nas que as empresas participantes poden coñecer os programas de apoio que a Xunta ten habilitados con ese fin.

Destaca o Galicia Exporta Dixital -cuxo prazo está aberto ata o vindeiro 24 de marzo-, que é unha nova liña activada para dar resposta á demanda crecente das compañías galegas para acometer procesos de internacionalización dixital. Pero nestas xornadas tamén achegan información sobre os apoios activados a través do Galicia Exporta Empresas e o Galicia Exporta Organismos Intermedios, dos que os prazos de presentación de solicitudes rematan o 30 de marzo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre