Inicio Galicia A Xunta destaca en Lugo que a colaboración da industria forestal con...

A Xunta destaca en Lugo que a colaboración da industria forestal con outros sectores permitirá lograr novos produtos, procesos e mercados

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde nun ciclo de encontros organizado pola Real Academia Galega de Ciencias centrado na bioeconomía e a economía circular

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, salientou hoxe en Lugo, durante a súa intervención no ciclo Luis Asorey 2019, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), e que se centra na bioeconomía e a economía circular, que a colaboración da industria forestal con outros sectores estratéxicos da economía galega, como a automoción, o naval ou o téxtil permitirá incrementar a súa competitividade e que supón unha oportunidade para desenvolver novos produtos e procesos e chegar a novos mercados.

Na súa intervención, Ignacio Lema sinalou que, a través da innovación, se traballa na caracterización de madeiras locais para o seu uso estrutural en construción; en novos produtos derivados da biomasa para a súa utilización industrial, como para a elaboración de esencias ou en procesos de destilación; ou en novos usos de composites de base de madeira e uso da madeira no téxtil.

Estes son algúns dos ámbitos de traballo que se fixan na nova Axenda da industria forestal, que mobilizará 125 millóns de euros ata 2021, axudando a 350 pemes no seu desenvolvemento e ofrecendo formación a máis de 5600 persoas con dous obxectivos fundamentais: un aumento do 6% na facturación (acadando 200 millóns ata cifrar os beneficios en 2400 millóns de euros) e xerando empregos directos ou indirectos relacionados co sector, ata alcanzar os 21.000 postos de traballo. Esta aplicación prioriza a dinamización económica e do entorno rural, buscando xerar empregos que permitan tamén a fixación de poboación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre