Inicio Galicia A Xunta destaca en Ferrol a formación como peza clave para impulsar...

A Xunta destaca en Ferrol a formación como peza clave para impulsar o emprendemento e a innovación no sector comercial

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou o curso que se desenvolve en colaboración coa Fundación Incyde e que permite a 22 mozos desempregados da comarca formarse en márketing dixital e emprendemento

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe en Ferrol a formación como peza clave para impulsar o emprendemento e a innovación no sector comercial galego.

Vázquez Abeal visitou o curso que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Fundación Incyde no Centro de Formación Ocupacional ferrolán, que permite formarse en márketing dixital e emprendemento a 22 mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Ao abeiro desta iniciativa, dirixida a persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil, desenvólvense actuacións de formación individualizada nas que se orienta a cada participante en función do seu perfil profesional e da actividade de cada proxecto empresarial, ademais das sesións conxuntas de formación. Varios dos participantes emprenderán a curto prazo proxectos empresariais nos que aplicarán os coñecementos adquiridos.

A iniciativa forma parte dos acordos de colaboración en materia de formación no eido comercial nos que a Xunta coopera coa Fundación Incyde, que contan cun orzamento conxunto de 300.000 euros e que inclúen tamén accións destinadas á creación e diagnose de plans de acción para a mellora da competitividade do sector.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

- Te recomendamos -