Inicio Galicia A Xunta destaca en Castro de Rei a importancia de fomentar a...

A Xunta destaca en Castro de Rei a importancia de fomentar a incorporación de talento á industria forestal galega

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou no IES da Terra Cha na clausura dun curso práctico de simulador forestal para alumnado de formación profesional


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, salientou hoxe a importancia de fomentar a incorporación de talento e persoal cualificado á industria forestal galega, durante a súa participación na clausura dun curso práctico de simulador forestal celebrado no IES da Terra Cha José Trapero Pardo, en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei).

Na iniciativa participou o alumnado do ciclo medio de Aproveitamentos Forestais e do ciclo medio de Xestión Forestal, co obxectivo de que adquirisen coñecementos de manexo de autocargador e procesadora forestal, previamente á súa incorporación á realización de prácticas en empresas do sector.

Para iso, contaron durante 20 horas por persoa con dous simuladores facilitados por Xera, que contan cos mesmos programas e mandos que unha procesadora ou autocargador real e recrea distintas situacións reais que se poden dar nun aproveitamento forestal.

Ignacio Lema tamén participou no CEIP Lagostelle de Guitiriz nunha actividade para nenos e nenas de infantil organizada pola Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo para achegar as vantaxes ambientais e sociais deste material autóctono. Entregóuselles aos participantes unha copia do libro Os Bolechas fan cousas de madeira, editada en colaboración co sector con estes mesmos obxectivos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre