Inicio Galicia A Xunta destaca en Cangas que o obradoiro dual de emprego contribuíu...

A Xunta destaca en Cangas que o obradoiro dual de emprego contribuíu á mellora e conservación do monte na comarca

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do programa forestal ‘A Granxa da Rúa VIII’, que permitiu que 20 desempregados recibiran formación especializada e accederan a un posto de traballo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Cangas na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego forestal A Granxa da Rúa VIII, que permitiu ao longo de nove meses que 20 desempregados recibiran formación especializada e accederan a un posto de traballo, ao tempo que contribuíu á mellora e conservación do monte na comarca do Morrazo.

Ao tratarse dun obradoiro dual, os participantes terán agora a posibilidade de traballar tres meses máis, como mínimo, en empresas da zona e na especialidade na que se cualificaron. Neste caso, recibiron formación en operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural e en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, repoboacións forestais e tratamento silvícolas.

Casal sinalou que os programas de formación dual, flexible e á carta polos que está apostando a Xunta están a incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas, como é o caso dos obradoiros de emprego, unha iniciativa que promove a Xunta coa colaboración dos concellos. No caso do programa de Cangas, a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiou a iniciativa con preto de 320.000 euros.

Casal sinalou a importancia da colaboración cos concellos galegos para seguir creando emprego, agradecendo á Administración local de Cangas a súa implicación. Indicou que só a través da cooperación e coordinación entre as institucións públicas se poderán ofrecer novas oportunidades laborais ás persoas desempregadas.

A Xunta porá en marcha en 2019/2020 e, por segundo ano consecutivo, estes programas cun orzamento de 21 millóns de euros para poder beneficiar a 1200 persoas sen emprego. Primaranse os obradoiros forestais e no acceso a este programa terán preferencia emigrantes retornados, desempregados maiores de 45 anos e mulleres. Así mesmo, tamén desenvolveranse obradoiros específicos para menores de 30 anos, os que forman parte do sistema de Garantía Xuvenil.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre