Inicio Galicia A Xunta destaca como prioridade en materia laboral conseguir que homes e...

A Xunta destaca como prioridade en materia laboral conseguir que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu hoxe en Vigo ao evento Mulleres con moito que dicir

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá en Vigo na mesa redonda Mulleres con moito que dicir, organizada pola oenegué Asdegal no marco dun evento no que tamén se tratou o papel das mulleres na comunicación e a súa situación en África.

A secretaria xeral defendeu a necesidade de que homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades no seu lugar de traballo e lembrou que en Galicia o paro descendeu, neste colectivo, nun -5,37% con respecto a hai un ano. Toca recoñeceu que, malia que a evolución do mercado laboral feminino é positiva, son precisos máis esforzos e máis recursos para conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres.

Neste sentido, a Xunta conta co programa Emprega en feminino que promove medidas para facilitar a incorporación laboral das mulleres, impulsar o seu desenvolvemento profesional, alcanzar a igualdade na empresa, así como fomentar o emprendemento.

Esta folla de ruta enmárcase na Axenda20, coa que a Xunta traballa para crear emprego estable e de calidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre