Inicio Galicia A Xunta destaca a súa xestión para licitar a prolongación da Vía...

A Xunta destaca a súa xestión para licitar a prolongación da Vía Ártabra e demanda axilidade do Ministerio de Fomento para autorizar a conexión coa AP-9

0

A conselleira asegura que “o único risco que corre xa esa gran obra da Xunta é que o Goberno socialista non a autorice e siga pensando máis nos intereses de Audasa que nos dos veciños”


A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia a xestión da Xunta para licitar as obras de prolongación da Vía Ártabra e exixe ao Ministerio de Fomento a mesma premura para emitir a autorización necesaria para a súa conexión coa autoestrada AP-9.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou de que a nova infraestrutura xa foi licitada pola Xunta e suporá un investimento autonómico de 40M€ na área metropolitana da Coruña.

Explicou que á espera de que Fomento emita a autorización necesaria para a conexión coa AP-9, a Xunta segue avanzando e iniciou o pasado 4 de marzo a contratación que da continuidade a Vía Ártabra, a través de 3 novos quilómetros de autovía e algo máis dun quilómetro de conexión co polígono Espírito Santo. Esta intervención supón un investimento de máis de 40 millóns de euros, a maior licitación pagada cos orzamentos da Xunta en case unha década, enfatizou.

Na súa resposta oral a unha pregunta parlamentaria do grupo Socialista, fixo fincapé nos atrancos e impedimentos que supuxo a chegada do actual Goberno de España para a conexión desta vía de altas prestacións coa autoestrada do Atlántico. E lembrou o investimento de máis de 70 millóns de euros da Xunta, en plena crise económica, para a posta en servizo dos 10 quilómetros da Vía Ártabra.

Puxo en valor a xestión da Xunta para dar solución ás pedras que se foron poñendo no camiño, activando o sistema máis áxil para non perder un día máis, e que permitirá iniciar este verán a prolongación da Vía Ártabra para acadar a conexión coa AP-9, mentres o Ministerio de Fomento resolve a autorización desta conexión coa autoestrada, tal e como xa prevé no contrato de licitación das obras.

Vázquez Mourelle expresou a súa inquedanza polos trámites do Ministerio de Fomento na conexión da Vía Ártabra coa AP-9, sinalando que a chegada do actual Goberno de España supuxo a paralización da autorización, porque Audasa poñía reparos. Neste sentido, dixo que a “gran contribución” a este proxecto fose preocuparse e defender os intereses da concesionaria, como teñen demostrando en numerosas ocasións.

Considera contraditorio que desde o Partido Socialista da Coruña se houbera rexeitada esta conexión, máxime cando a mesma permitirá conectar completamente aos veciños de Sada, Cambre e Oleiros entre eles e coa rede de vías de altas prestacións que vertebran o país. Servindo ademais, subliñou, de apoio ás futuras conexións que tamén figuran na planificación do Goberno galego, e que se acometerán a continuación, como a prolongación cara á A-6, tamén importante, así como da conexión cara a Sada.

Concretou que a conexión cara á A-6 está planificada e reiterou que primeiro haberá que aprobar a chegada da Vía Ártabra á AP-9, que están a frear desde o Goberno estatal. Unha estratexia de paralización de actuacións que, segundo indicou, está a ser unha tónica xeral, xa que tamén se está a paralizar a ampliación da Ponte Pasaxe, a ampliación de Alfonso Molina e agora tamén se ve que paralizan o ferrocarril A Langosteira.

Amosou así as contradicións do grupo parlamentario socialista, cando din que a conexión da Vía Ártabra coa AP-9 incrementará o tráfico en Alfonso Molina. E defendeu como indiscutible que a prolongación desta estrada mellorará a calidade de vida e a competitividade de toda a área, permitindo quitar tráfico da N-VI, saturada, cara á AP-9, aproveitando mellor esa vía de alta capacidade e reducindo o tráfico intenso que a día de hoxe sofren os veciños da N-VI.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre