Inicio Galicia A Xunta destaca a súa aposta pola industria 4.0 e a dixitalización...

A Xunta destaca a súa aposta pola industria 4.0 e a dixitalización nunha visita ao Centro de Referencia en Realidade Virtual de Laval, en Francia

0

As directoras da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Axencia Galega de Innovación (Gain) e o director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) coñeceron hoxe as instalacións que a empresa EON Reality implantou en Laval

As directoras da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, xunto co director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Juan Cividanes, visitaron esta mañá o Centro Interactivo Dixital da empresa EON en Laval (Francia), onde ratificaron a aposta da Xunta pola implementación da Industria 4.0 e da dixitalización no tecido produtivo galego.

Este centro, creado en 2014, está orientado a potenciar a transferencia de coñecemento e facer crecer a economía dixital da rexión, así como desenvolver aplicacións dirixidas a satisfacer necesidades rexionais e formar a profesionais no ámbito da realidade virtual e aumentada, a través da VR Innovation Academy, no contexto da iniciativa Laval Cidade da Realidade Virtual.

EON Reality é a empresa impulsora destas instalacións que conta con 24 centros arredor do mundo e está posicionada no ámbito internacional en transferencia de coñecemento baseado en realidade virtual e aumentada á industria e á educación. A visita dos tres directores da Xunta enmárcase, polo tanto, na aposta da Administración Autonómica pola dixitalización dos procesos produtivos no marco da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus retos a redución de custos de fabricación, a personalización dos produtos, a apertura de novas oportunidades de negocio e unha maior produtividade e competitividade do tecido empresarial de Galicia. En definitiva, busca o crecemento económico para a Comunidade galega.

Neste senso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), está a poñer en marcha varias ferramentas para apoiar a dixitalización do tecido empresarial galego como é o impulso á creación de Hubs de Innovación Dixital, unha nova estrutura de colaboración entre todos os axentes do sistema de innovación para avanzar na incorporación das TIC e das tecnoloxías facilitadoras clave co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas e dos sectores estratéxicos para Galicia.

Tamén destaca o programa Fábrica Intelixente que apoia proxectos de I+D+i de empresas co fin de atraer proxectos industriais cara Galicia, impulsar a Industria 4.0 e crear emprego de calidade. Ademais, a través do CIS Galicia, Gain ofrece servizos tecnolóxicos de realidade virtual e aumentada aos sectores que o demanden.

Durante a visita, o director do Igape salientou o encontro como punto de partida para avaliar formas de colaboración e posibles investimentos en Galicia no eido no que o Interactive Digital Centrer Hub desenvolve a súa actividade, a realidade virtual aplicada á industria. Así mesmo, salientou a relevancia da creación e a transferencia de novos coñecementos como motores do crecemento económico e do impulso da competitividade das empresas. Nese sentido, Cividanes lembrou que o Goberno galego aprobou recentemente a Lei de implantación empresarial para facilitar a atracción de investimentos en Galicia, especialmente aqueles que teñen como obxecto o desenvolvemento de iniciativas de innovación, dixitalización e incorporación da Industria 4.0 no tecido empresarial galego. Neste ámbito, a Xunta ven impulsando a Axenda Industria 4.0, que xa beneficiou a máis de 4200 empresas, promovendo investimentos 4.0 e a incorporación de solucións tecnolóxicas destinadas a facilitar a necesaria transformación dixital do tecido produtivo.

Desde a Amtega, pola súa banda, no marco da Axenda Dixital de Galicia 2020 estase a apostar pola consolidación dun ecosistema tecnolóxico galego robusto, con especial atención ás novas tendencias disruptivas como a realidade virtual ou a realidade aumentada e a súas posibles aplicacións a áreas como a educación ou os contidos dixitais, a través de iniciativas como Abalar ou o Plan DICO Mindset. Ademais, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), consciente de que estas tendencias tecnolóxicas precisan de novos perfís dixitais, lanzou o Plan DigiTalent en colaboración co sector tecnolóxico para impulsar o talento dixital entre os máis novos, ofrecer capacitación dixital continua aos profesionais en activo e formación específica para que os directivos poidan liderar a transformación dixital da súa empresa. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre