Inicio Galicia A Xunta destaca a responsabilidade xurídica e as boas prácticas como as...

A Xunta destaca a responsabilidade xurídica e as boas prácticas como as claves para mellorar a reputación e a competitividade das empresas

0

O director do Igape, Juan Cividanes, participou na apertura do II Congreso Galego de Compliance, un evento especializado nos sistemas de control das empresas e profesionais


O director do Igape, Juan Cividanes, destacou que o cumprimento legal, as boas prácticas e a responsabilidade social son claves na mellora da competitividade das empresas, sexa cal sexa a súa dimensión, xa que contribúen a xerar confianza entre clientes e consumidores e incrementan a súa reputación.

Cividanes fixo estas declaracións na apertura de II Congreso Galego de Compliance, evento que se desenvolveu hoxe en Vigo e no que se deron cita empresas, profesionais e institucións para debater sobre as disposicións legais, os estándares normativos nacionais e internacionais vixentes e os sistemas de control que se deben incorporar para evitar riscos xurídicos.

Destacou que a cultura empresarial que integra estes elementos achega seguridade xurídica e facilita novas oportunidades tanto aos autónomos e ás pemes como ás grandes empresas, dado que permite acceder a novas oportunidades, desde o financiamento ata a redución de custos funcionais, pasando pola mellora da organización interna e da seguridade e o ambiente laboral.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Lembrou que, a través do Igape e mediante programas como o ReAcciona, a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilita o acceso das pemes a servizos especializados como o de control por procesos que facilitan a redución de riscos na xestión corporativa, e favorecen a introdución de cambios na xestión empresarial de acordo coas demandas de boas prácticas esixidas por clientes e consumidores ou polas transformacións nos marcos normativos vixentes.

O II Congreso Galego de Compliance inclúe relatorios de grandes empresas sobre a súa experiencia na aplicación e xestión de programas de específicos así como mesas redondas sobre o compliance como factor fundamental do goberno corporativo, as últimas tendencias no control legal interno e as modificacións na responsabilidade penal das persoas xurídicas.


- Te recomendamos -