Inicio Galicia A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo...

A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo de seguridade das estradas e na súa transformación dixital

0
image_gallery.jpg

Francisco Menéndez subliña que a rede viaria é estratéxica para o desenvolvemento económico, polo que a Xunta traballa nas propostas para o vindeiro período de fondos europeos


A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo de seguridade das estradas e na súa adaptación ás novas tecnoloxías.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu hoxe, por videoconferencia, na xornada ‘La carretera segura, verde y conectada en el contexto del programa Next Generation Europe’, organizada pola Asociación Española de la Carretera.

A Comisión Europea promove un plan de recuperación que proporcionará axudas destinadas a promover políticas aliñadas cos retos verde e dixital no eido das estradas e da mobilidade.

Francisco Menéndez subliñou que a rede viaria é estratéxica para o desenvolvemento económico e social da comunidade galega, polo que a Xunta vén traballando nas propostas para o vindeiro período de fondos europeos, en particular do mecanismo Next Generation.

Precisou que o Goberno galego ten definido actuacións en materia de estradas que teñen un encaixe axeitado nos obxectivos da Unión Europea para o ano 2030, no marco do Pacto Verde e da dixitalización.

Apuntou que as estradas son o soporte dos medios de transporte e cómpre preparalas en consonancia coas novas tecnoloxías coa fin de impulsar o vehículo autónomo, eléctrico e conectado.

A Xunta aposta por continuar intensificando a transformación das vías autonómicas en eixos de mobilidade sustentables coa execución de sendas peonís seguras e integradas na paisaxe, tal como se veñen acometendo no Plan de Sendas de Galicia.

O Executivo autonómico tamén propón seguir traballando a prol da mellora da seguridade nas estradas, un obxectivo prioritario recollido na propia normativa europea. Nesta liña, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa vén desenvolvendo unha estratexia para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre