Inicio Galicia A Xunta destaca a necesidade de apoiar o empoderamento económico e social...

A Xunta destaca a necesidade de apoiar o empoderamento económico e social das mulleres a través do emprendemento feminino

0

A secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe no “XXI Encontro entre Emprendedoras e Empresarias” da Fundación Mulleres, que nesta edición abordou o impacto da covid19 no emprendemento


A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe por videoconferencia no “XXI Encontro entre Emprendedoras e Empresarias: O impacto da covid19 no emprendemento. Novos escenarios e novas oportunidades”. Durante a súa intervención destacou a necesidade de apoiar o empoderamento económico e social das mulleres mediante o fomento do emprendemento feminino.

Natalia Prieto avogou por aproveitar as capacidades do talento feminino e as novas oportunidades de negocio, sobre todo en ámbitos como a innovación, as tecnoloxías da comunicación (TIC) ou no medio rural.

Tamén indicou a importancia da implicación das administracións axudar a que as boas ideas das emprendedoras galegas se poidan converter en realidade e mesmo permitan crear novos postos de traballo. Así, engadiu que o emprendemento feminino é clave para avanzar na igualdade no ámbito laboral ao favorecer a participación das mulleres no mercado de traballo.

A este obxectivo contribúe o programa Emega, que promove a creación ou a consolidación de proxectos constituídos por mulleres, xunto con outras medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 6 de xullo a convocatoria deste ano, que reforza unha das súas liñas, a destinada a axudar a empresas que están a atravesar unha situación económica adversa e que se viu agravada como consecuencia da crise sanitaria da covid-19. Desta forma, preténdese garantir a pervivencia das empresas lideradas por mulleres no actual contexto derivado da pandemia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre