Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia que ten o Plan de recuperación social...

A Xunta destaca a importancia que ten o Plan de recuperación social para mitigar o impacto da covid-19 nas familias galegas

0
image_gallery.jpg

Entre as medidas específicas para as familias salientan as bolsas de comedor escolar, a Tarxeta Básica e os Bonos Coidado Extraordinarios para familias con nenos ou con persoas dependentes ao cargo


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, explicou hoxe na comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos as medidas especificamente dirixidas ás familias que se están a desenvolver no marco do Plan de recuperación social co fin de mitigar o impacto da covid-19. Arturo Parrado indicou que con este plan logrouse amortecer o primeiro golpe da pandemia nas persoas e familias máis vulnerables, entre elas as monoparentais.

Na súa intervención, o director xeral de Inclusión concretou que a través deste plan de recuperación concedéronse axudas a preto de 60.000 familias cunha bolsa de comedor escolar, tanto para escolas infantís como para colexios e institutos durante a pandemia. Así mesmo, púxose en marcha unha Tarxeta Básica, unha axuda trimestral de entre 450 e 900 euros para que persoas e familias con ingresos moi baixos poidan adquirir produtos de primeira necesidade.

Tamén ao abeiro deste plan, para familias con nenos ou con persoas dependentes ao cargo lanzáronse os Bonos Coidado Extraordinarios, con 500 euros ao mes para contratar atención a domicilio que xa solicitaron máis de 1.800 familias. Ademais, incrementouse un 25% a retribución que reciben as 730 familias con menores en acollida.

Axudas específicasArturo Parrado reiterou o compromiso do Goberno galego de establecer un rexistro de familias monoparentais e un programa de axudas específico. Neste sentido, lembrou que o carácter específico destas familias xa está recollido na Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia de 2011. Nesta normativa recóllense unha serie de beneficios para estas familias como: a preferencia na adxudicación de prazas nos centros de ensino e escolas infantís, na convocatoria de axudas do Bono Coidado, no acceso a programas de fomento do emprego e axudas para a inserción laboral; así como para o acceso á vivenda.

Por último o director xeral de Inclusión indicou que, a pesar que nos últimos anos, a incidencia da pobreza e exclusión social nos fogares monoparentais reduciuse en case un 6%, estas familias constituirán un obxectivo prioritario na futura e renovada Estratexia Galega de Inclusión Social. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre