Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia dos medios de comunicación a prol da...

A Xunta destaca a importancia dos medios de comunicación a prol da igualdade e na loita contra a violencia de xénero

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe no campus de Pontevedra a xornada “Comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe a importancia dos medios de comunicación a prol da igualdade e na loita contra a violencia de xénero, durante a súa intervención na inauguración da xornada “Comunicación, igualdade e violencia contra as mulleres” no campus de Pontevedra.

López Abella incidiu en que o papel dos medios é clave na loita contra esta lacra porque serven de plataforma para denunciar estas agresións e concienciar á sociedade de que a violencia contra as mulleres é un delito, polo que constitúen un piar fundamental para acadar a igualdade entre mulleres e homes. Tamén destacou o seu rol na visibilización dos logros e aportacións das mulleres á sociedade.

Para conseguir unha imaxe igualitaria e non estereotipada, a Xunta avoga porque os medios incorporen a perspectiva de xénero co obxectivo de erradicar calquera forma de discriminación contra as mulleres. O Goberno galego insta a levar a cabo boas prácticas para o tratamento axeitado da violencia de xénero nos medios. Nesta liña, aposta por abordar os casos de violencia contra a muller desde a súa perspectiva social con testemuños de mulleres que lograron saír desta situación.

A secretaria xeral da Igualdade tamén sinalou a necesidade de evitar a banalización do problema, a xustificación de calquera tipo de violencia, o sensacionalismo e a vitimización secundaria das fillas e fillos, así como tratar con coidado as identificacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre