Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia dos centros de día especializados en Alzhéimer...

A Xunta destaca a importancia dos centros de día especializados en Alzhéimer como servizo asistencial e de apoio ás familias

0

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou esta tarde o traballo diario que se realiza no centro de día da Asociación galega de axuda aos enfermos de Alzhéimer (Agadea). Fíxoo durante unha visita a estas instalacións situadas no concello coruñés de Ribeira.

Ildefonso de la Campa fixo fincapé na longa experiencia de Agadea, que atesoura unha traxectoria de 25 anos de esforzos para mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e dos seus familiares.

Neste sentido, indicou que centros de día como o de Agadea, ademais de garantir un servizo de calidade a todas estas persoas, supón tamén unha axuda para que os seus familiares poidan conciliar. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre