Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia de que a industria forestal aposte pola...

A Xunta destaca a importancia de que a industria forestal aposte pola formación e a innovación para atraer talento

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Santiago no curso Habilidades directivas na cadea monte-industria organizado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu hoxe á apertura do curso Habilidades directivas na cadea monte-industria, organizado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia en colaboración coa Administración autonómica.

A acción formativa, tal e como explicou Lema, enmárcase na Estratexia de formación da industria forestal de Galicia, elaborada coa participación das principais asociacións representativas deste ámbito, e que permitirá impulsar a especialización de máis de 5000 profesionais cunha oferta formativa á medida. A través desta folla de ruta, o Goberno galego busca dar resposta ás necesidades das empresas e facilitar a adaptación dos traballadores á incorporación da última tecnoloxía.

Dentro desta Estratexia, onte publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas para o desenvolvemento de 24 actividades formativas e 23 de divulgación, con axudas por máis de 180.000 euros e das que se benefician sete entidades. Ademais, Xera incorporará dous simuladores portátiles de procesadora e autocargador forestal para a formación dos profesionais do sector forestal de Galicia.

Leer más:  Los servicios de emergencia logran contener un derrame de combustible de un camión accidentado en la AP-9, en Barro (Pontevedra)

Lema salientou a importancia económica da industria forestal facendo especial fincapé no bo comportamento do sector contract: as exportacións das empresas de carpintería e moble pasaron de 82 millóns de euros no 2007 a 232 millóns de euros no 2017. Galicia conta na actualidade con máis de 800 industrias no sector da carpintería e moble.

O director de Xera, así mesmo, subliñou a importancia que ten na industria a xeración de valor e a necesidade de apostar por este ámbito adaptándoo ás novas esixencias da Industria 4.0. Puxo en valor as actuacións sectoriais que leva a cabo a Xunta, o que permite á industria forestal acceder ás liñas de modernización da Industria 4.0, ter un programa de formación específico e a posta en marcha de obradoiros de emprego forestais.

Por último, resaltou a importancia de que a industria siga apostando polas novas técnicas directivas, por atraer talento e polo deseño e a innovación como pancas para facer máis atractivo este ámbito.


- Te recomendamos -