Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia de intervir os bens incautados procedentes do...

A Xunta destaca a importancia de intervir os bens incautados procedentes do narcotráfico para loitar contra estes delitos

0

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, inaugurou hoxe a “Xornada sobre administración e xestión xudicial de activos”

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou hoxe na inauguración da “Xornada sobre administración e xestión xudicial de activos” a importancia de intervir os patrimonios procedentes do narcotráfico como un piar básico na loita contra estes delitos.

Juan José Martín incidiu na necesidade de axilizar a venda de bens decomisados procedentes de delitos de narcótrafico para evitar a súa perda de valor e obter un beneficio que redunde no pago de indemnizacións ás víctimas. Por iso, a Xunta, a través do convenio que mantén desde 2015 coa Fundación Galega contra o Narcotráfico asiste ás autoridades xudiciais galegas na xestión de bens incautados ao narcotráfico e delitos conexos. Este acordo permite prestar información e apoio aos xulgados galegos ao poñer á súa disposición un servizo especializado na xestión, depósito e venda anticipada dos bens incautados ao narcotráfico, co obxectivo de optimizar e mellorar o seu rendemento. Unha das principais vantaxes do convenio é o retorno social da venda, servindo a diversas accións antidroga a través da adxudicación ou cesión de bens non vendidos a entidades sociais, municipios e forzas de seguridade. Na xornada, celebrada hoxe na Escola de Administración Pública (EGAP) e organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e o Colexio de Procuradores da Coruña, analizouse a situación legal dos activos intervidos xudicialmente nos procedementos penais e as ferramentas de xestión, administración e realización a disposición das unidades xudiciais, coa finalidade de optimizar a xestión dos bens incautados. Tamén se afondou no funcionamento da Oficina de Recuperación e Xestión de Activos (ORGA) e o Servizo de Xestión de Bens Mobles Intervidos ao Narcotráfico en Galicia (SXB), recursos ao servizo das unidades e profesionais da Administración de xustiza e as forzas e corpos de seguridade do Estado en Galicia.

O director xeral de Xustiza resaltou o labor das autoridades xudiciais e fiscais, os membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, e a colaboración das entidades que contribúen na loita contra este tipo de delincuencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre