Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia de adaptar o mercado laboral ao novo...

A Xunta destaca a importancia de adaptar o mercado laboral ao novo escenario a través de medidas impulsadas desde o consenso

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe no webinario Políticas de emprego no novo escenario, no que se abordaron as claves para a recuperación económica

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe no webinario Políticas de emprego no novo escenario, no que se abordaron as claves para a recuperación económica no contexto actual. A secretaria xeral de Emprego indicou a necesidade de adaptar o mercado laboral galego ao novo escenario poscovid-19 para favorecer a reactivación económica, poñendo en marcha medidas froito do consenso e no seo do Diálogo Social.

Neste senso, destacou a aposta da Xunta por acompañar ás empresas e traballadores na transición cara o novo contexto laboral; a importancia de recuperar a confianza e a seguridade laboral e de apoiar a formación para o emprego; así como a necesidade de impulsar o emprego autónomo e modernizar as oficinas de emprego. Son eixos que se inclúen na nova Axenda de Emprego, que a Xunta de Galicia ten en marcha, e sobre a que informou Toca no encontro.

Segundo a secretaria xeral, estes retos permitirán dar resposta á necesaria recuperación da actividade e dinamización económica nos diferentes sectores e subliñou que o máis importante, para facer fronte á recuperación económica, é apoiar ás familias, autónomos e pemes nestes momentos de dificultade.

Informou de que esta semana abriuse o prazo para solicitar o Cheque Autónomo, unha medida que ofrecerá financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros, do custo de determinados gastos correntes, como loxística e transporte de envíos (ata 3€ por envío); o pago por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda online; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, guantes, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións.

Enmarcado no Plan de reactivación económica de Galicia, estas axudas prevén anticipos do 100% e cubrirán os gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro deste ano. Con esta iniciativa preténdese favorecer a consolidación dun emprego autónomo estable e de calidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre